Obradoiros

Danza contemporánea e movemento
A proposta destes obradoiros é crear un espazo de investigación e descuberta das posibilidades técnicas e das capacidades expresivas do noso corpo. Partindo de diferentes técnicas de danza contemporánea, redescubrir a materia de que estamos feitxs para reinterpretala, recreala; para transformala. Sacurdirnos e bailarnos para así manter con vida iso tan vivo dentro de nós.
A celebración do corpo por ser simplemente corpo.

Aikido aplicado á danza
O Aikido é un arte marcial xaponés fundada por Morihei Ueshiba, no que se busca principalmente neutralizar ao contrario empregando a súa forza en beneficio propio.
Nestes talleres traballamos sobre o movemento e a fisicidade característicos do Aikido mediante o emprego de armas tradicionais xaponesas e a través dun estudo pormenorizado da técnica marcial.
Buscamos construír pontes de unión entre ésta e a danza contemporánea propoñendo unha práctica na que atopar lugares comúns entre ambas disciplinas.

Aikido para actrices/ actores
Partindo do Aikido como disciplina marcial propoñemos un adestramento no que se potencien competencias básicas fundamentais para o traballo do intérprete en escena: presenza corporal, atención espacial, hara como sostén do corpo, sincronización grupal, coordinación… Sempre partindo de dinámicas prácticas orientadas ao traballo escénico.